O noso compromiso 

RSC

AS PERSOAS PRIMEIRO

O noso compromiso

RSC

AS PERSOAS PRIMEIRO

Compromiso co noso equipo

Fomentamos a estabilidade laboral do persoal e as medidas de conciliación continuas, traballando diariamente para favorecer un bo ambiente de traballo que garanta o benestar e a calidade de vida das persoas que conforman a nosa pequena gran familia.

IGUALDADE DE XÉNERO

En Avante o empoderamento feminino é unha realidade. Máis do 60% do noso equipo está formado por mulleres, moitas das cales desempeñan postos de responsabilidade e dirección nas principais áreas de negocio e contas de clientes.

INSERCIÓN LABORAL

Colaboramos con Inserta, a entidade de Fundación ONCE especializada na prestación de servizos de intermediación laboral, captación e desenvolvemento de talento con discapacidade e xestión do emprego.

Compromiso cos nosos clientes

Aseguramos aos nosos anunciantes os servizos que ofrecemos, así como a confidencialidade dos seus datos, adaptándonos ás súas necesidades específicas. 

PUBLICIDADE RESPONSABLE 

Promovemos o desenvolvemento de campañas con impacto social, axudando aos nosos clientes para transmitir os seus valores e reforzar as súas marcas a través de novos recursos e ideas máis respectuosas coa sociedade e co medioambiente.

MIX DE MEDIOS OPTIMIZADO

Somos obxectivos á hora de recomendar o mix de medioselixindo sempre a mellor solución para cada anunciante e rendibilizando cada euro investido.

Compromiso cos nosos partners

POSTA EN VALOR DOS MEDIOS 

Cada soporte recibe o investimento que se merece en función do que é capaz de achegar aos obxectivos, tanto de branding como de performance. E non nos esquecemos dos medios locais para completar as nosas estratexias de márketing. Por suposto, estamos ao día dos nosos pagos e cumprimos rigorosamente os acordos asinados con todos os medios de comunicación cos que colaboramos. 

COLABORACIÓN SECTORIAL 

Realizamos un gran esforzo por integrarnos no tecido asociativo do noso sector. Pertencemos e apoiamos a asociacións sectoriais como AIMC, dircom ou APD. Tamén temos convenios de prácticas con entidades de formación, como a Universidade de Santiago de Compostela ou a Universidade San Jorge de Zaragoza.

Compromiso coa nosa contorna

Asumimos a nosa responsabilidade como empresa que forma parte dunha sociedade, por iso nosa forma de xestión leva implícita a colaboración coa nosa contorna e a nosa participación no ecosistema social. 

ECONOMÍA DE PROXIMIDADE 

Para potenciar unha economía circular e máis solidaria, apostamos sempre por provedores de proximidade utilizando os recursos locais dos territorios nos que traballamos. 

Ademais, debido ao noso crecemento, ofértanse continuamente postos de nova creación que xeran emprego e riqueza nas zonas onde desenvolvemos a nosa actividade. 

CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL 

Loxicamente, buscamos a eficiencia no uso de recursos. Somos partícipes da loita ambiental, tratando continuamente de implantar hábitos sostibles que sementen as bases dun futuro mellor para todos e reduzan o noso impacto ambiental. 

Ti pos o fin,
nós os medios

 

É a campaña solidaria que puxemos en marcha para colaborar con algúns dos máis prexudicados durante esta dura crise sanitaria e contribuír á reactivación social facendo o que mellor sabemos facer: Campañas de medios.

O obxectivo que nos marcamos con esta iniciativa é xestionar 10 campañas dixitais para apoiar a difusión dos proxectos solidarios locais.